A resposta para un nacido no aldea é fácil: UNHA PEDRA. Digóo para os que xa
naceron na cidade, que os que nacemos na aldea sabemos que un marco é unha pedra
normalmente puntiaguda que se chanta no chan a modo de punto de separación e
identificación de propiedades rústicas. Ademais os marcos tradicionais, ían
acompañados sempre de dúas pedras soterradas totalmente que os sostiñan ergueitas
e que se chaman “testigos”. Non calquera pedra que sobresae do terreno é un marco.
O marco é unha pedra colocada polo home que identifica propiedades, e para
distinguila das pedras “nadas” no medio natural colócanselle “testigos”.
Desde rapaz oín, coma todos nós, falar do “marco” do Cornado e unha vez pregunteille
a papá onde estaba e cómo era. Papá dixome que era “unha pedra grande” e que
dicían os vellos que a levara o Canteiro para facer á casa (A casa das canteiras,
obviamente, unha casa do Cornado hoxe case abandonada polos seus múltiples
herdeiros, todos eles na Arxentina).
Ata aí chegaban os meus coñecementos sobre o marco do Cornado, ademais de saber
que era o cabo da carretera de Negreira “a marco do Cornado” como reza na súa
denominación administrativa oficial pola Deputacion da Coruña.
Fai apenas un par de anos, cando se publicou o descubrimento de Manuel Gago sobre
o suposto campamento romano do “Castro do Cornado”, pasouseme pola cabeza se o
“marco” non tería sido un miliario romano na suposta vía romana que subiría dende a
ría de Noia cara o nucleo romano constatado de Brandomil, pero non pasei de aí.
Fai un par de meses xuntáronse dúas casualidades: unha profesional, relacionada coa
defensa dun veciño da comarca implicado nun expediente administrativo por mor
duns traballos nunha leira da súa propiedade na que cae parcialmente unha “mámoa
(enterramento megalítico que nos coñecemos como “mina”); e outra persoal, xa que
chegou ao meu coñecemento a morte dunha persoaxe que coñecín fai anos por mor
da miña profesión, e que me deixou un recordo indeleble pois veu representar para
mín a imáxe dun sabio, erudito dos coñecementos máis variados, anacoreta, ancián
solitario. Ao facer unha pequena búsqueda en internet sobre a biografía deste
persoeiro chamado Don Luis Monteagudo García (1), leveime unha pequena sorpresa.
Ao revisar a bibliografía de Don Luis chamoume moito a atención o título dun artigo
que publicou no Anuario Brigantino no ano 2003, no 26,–cando Don Luis xa tiña 83
anos– que leva por título “MENHIRES Y MARCOS DE PORTUGAL Y GALICIA” (2). Esa
equiparación entre Menhires (monumentos megalíticos, moito máis antigos que a
querida pero anacrónica representación de Asterix e Obélix) e marcos sorprendeume,
e de inmediato lín o erudito e denso artigo de Don Luis.
A conclusión, e o motivo de poñer por escrito esta anécdota, é que os “marcos”,
segundo estas eruditas investigación, eran en realidade monumentos megalíticos (na
península ibérica os monumentos más antiguos datarian do 4.800 A.C, e seguirianse
construindo hasta finais da Edade de Bronce, 1.300 A.C) de significado diverso
conforme a forma e grabados que tiñan.
Segundo o citado artigo de Don Luis Monteagudo “Los menhires son principalmente
símbolos fálicos y concentradores de la fuerza transmisora de vida, y por tanto
relacionados con los ritos mágicos para la resurrección o continuidad de la vida en
ultratumba… (páx 26)” e …”como las estatuas-menhir tenían la finalidad de proteger
los depósitos funearios.”. …”La piedra protegía contra animales, contra los ladrones,
pero sobre todo contra la “muerte”, porque la piedra era incorruptible, y el alma del
muerto había de subsistir, con ella indefinidamente, sin disgregarse”.
Claro, a partir desta explicación as pezas do meu quebracabezas encaixaron. Ao pe do
“marco” do Cornado había un conxunto de mámoas –enterramentos megalíticos—
ubicadas no “Campo dos oleiros”, ao pé do promontorio de “Pina Silveira” (cantas
veces as pisamos cando íamos pastar o gando ao monte), e a uns centos de metros
estaba a mámoa coñecida como “mina do couto” xunto a curva da estivada vella na
carretera que sube desde o Cornado ao Marco. Hoxe todas as mámoas foron
destruidas polos propietarios das leiras para facer praderas, como xa o fora anos antes
a “mina da Farrapa” a pouco más dun kilómetro do marco do Cornado ao lado da
carretera de Cornado a Vilacerío (…cantas veces a subimos cos compañeiros ao ir ou
vir da escola).
Isto implica que de repente a nosa prehistoria retrocede uns milenios (sen pedra
física e sen mámoas non hai posilidade de datación). Sabiamos da existencia e temos
ainda conservados na zona e na parroquia alguns CASTROS (o seu apoxeo foi na Idade
de Ferro, pero parece que a cultura castrexa se extende dende finais da Edade de
Bronce ata os primeiros séculos da nosa era) polo que se poden datar
aproximadamente entre o 800 A.C. ata o seculo II despois de Cristo. Así que o
MARCO DO CORNADO era una pedra sí, pero unha pedra de aproximadamente
CATRO MIL ANOS.
Pena que as propiedades máxicas que ao parecer lle atribuian os seus coetáeos non
impediran ao Canteiro de profesión e veciño do Cornado desfacerse de él e poñelo na
súa casa. Se as suas propiedades máxicas perduran na pedra estarán entonces
naquelas paredes…
Para rematar. Según o artigo de Don Luis Monteagudo que citamos, na relación de
marcos en Galicia cita o Marco de Cornado como “probable menhir, destruido ca.
(1) O legado de Don Luis Monteagudo estará en unha fundación con o seu nome.
(2) Recomendo leer o artigo citado que é de acceso libre en internet.
Recoméndovolo para que vexades os distintos tipos de “marcos/menhires”.
1900”. Tamén di Don Luis que os menhires se enterraban aproximadamente unha
quinta parte da súa altura, e que tiñan duas pedras “testigos”, que (según Don Luis que
tamén era filólogo) ese “testigos” ven de “testículos”. É dicir, que se o marco tiña
forma de falo e o sostiñan duas pedras que representaban os testículos… e algo que xa
nunca saberemos. En todo caso, mirade de onde vén a costume de colocarlle testigos
ós marcos… agora os marcos que coloca a concentración xa non levan testigos, levan
unha chapiña con un número e están xeorefenciados en sistema Global Positión
System… (GPS).
Como avanzan os mundos….
(1) O legado de Don Luis Monteagudo estará en unha fundación con o seu nome.
(2) Recomendo leer o artigo citado que é de acceso libre en internet.
Recoméndovolo para que vexades os distintos tipos de “marcos/menhires”.
Tamén podedes ver na rede os “marcos/menhires” que ainda quedan hoxe
localizados en Galicia.
Juan Carlos García Maceira
Novembro 2020.